![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/64/Zimbabwe_%25241_2007_Obverse.jpg/640px-Zimbabwe_%25241_2007_Obverse.jpg&w=640&q=50)
Dólar cimbabuense
From Wikipedia, the free encyclopedia
O dólar cimbabuense foi a moeda oficial de Cimbabue dende 1980 ata o 12 de abril de 2009. Subdivídese en 100 céntimos. Substituíu o dólar rhodesiano, que fora adoptado en 1970. Xeralmente é abreviado co símbolo do dólar $, ou Z$ co fin de distinguilo doutras moedas denominadas dólar. Dende o 29 de xaneiro de 2009, permitiuse ás compañías e aos individuos tramitar o negocio doméstico noutras moedas tamén, ex: dólar estadounidense ou rand surafricano.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Dólar.
Dólar cimbabuense † | |
---|---|
Zimbabwean dollar (inglés) | |
![]() | ![]() |
Código: | ZWL |
Ámbito: | ![]() |
Símbolo: | $ |
Fracción: | 100 (cents) |
Moedas: | ningunha |
Billetes: | 1, 5, 10, 20, 50, 100 e 500 $ |
Emisor: | Banco de Reserva de Cimbabue |
Taxa de troco: 19-03-2010 | 1 EUR = 489.651 ZWD 1 USD = 361,900 ZWD |