![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f8/Jekyll_and_Hyde_Title.jpg/640px-Jekyll_and_Hyde_Title.jpg&w=640&q=50)
Dr. Jekyll e Mr. Hyde
From Wikipedia, the free encyclopedia
Dr. Jekyll e Mr. Hyde é unha novela escrita en lingua inglesa por Robert Louis Stevenson co título orixinal de Strange Case of Dr Jekyll and Mr Hyde, publicada por vez primeira en 1886. Foi traducido ao galego por Sara Ruiz Salgado e Xosé Ramón Díaz Fontao, sendo publicado por Edicións Xerais en marzo de 1986.
Dr. Jeckyll e Mr. Hyde | |
---|---|
![]() Portada da primeira edición (1886) | |
Título orixinal | Strange Case of Dr Jekyll and Mr Hyde |
Autor/a | Robert Louis Stevenson |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | ![]() ![]() |
Data de pub. | ![]() ![]() |
Tradución | Sara Ruiz Salgado e Xosé Ramón Díaz Fontao |
[ editar datos en Wikidata ] |
A obra fala dun avogado, Gabriel John Utterson, que investiga a estraña relación entre o seu vello amigo, o doutor Henry Jekyll, e o misántropo Edward Hyde. O libro é coñecido por ser unha representación vívida dun trastorno psiquiátrico que fai que unha mesma persoa teña dúas ou máis identidades ou personalidades con características opostas entre si, o que se coñece en psiquiatría como trastorno disociativo da identidade.
A obra foi vendida inicialmente en edición rústica por un xilin no Reino Unido e por un dólar nos Estados Unidos. Logo dunha crítica favorable en The Times o 25 de xaneiro de 1886, nos seis meses seguintes chegaron a venderse até 40.000 copias. Cara a 1901 estimouse que se venderan xa máis de 250.000 copias. Foi un dos libros máis vendidos de Stevenson. As adaptacións teatrais comezaron en Boston e Londres un ano despois da súa publicación, e deu pé tamén a numerosas adaptacións cinematográficas.