Douglas DC-5
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Douglas DC-5 é probablemente o menos coñecido da famosa serie DC de avións de pasaxe. Foi un aparello bimotor de entre 16 e 22 asentos para rutas máis curtas que as dos Douglas DC-3 e Douglas DC-4. Porén, no tempo que entrou no servizo comercial en 1940, moitas aeroliñas estaban cancelando pedidos de avións. Polo tanto só se fabricaron cinco DC-5 civís. Coa Douglas Aircraft Company volcándose xa na produción militar para a segunda guerra mundial, o DC-5 foi superado rapidamente polos acontecementos, aínda que se fabricaron unha cantidade limitada de versións militares.
Datos rápidos DC-5/C-110/R3D, Tipo ...
DC-5/C-110/R3D | |
---|---|
Tipo | transporte |
Fabricante | Douglas Aircraft Company |
Deseñado por | Donald Douglas |
Primeiro voo | 20 de febreiro de 1939 |
Introducido | 1940 |
Retirado | 1949 |
Unidades construídas | 12 |
Pechar