![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/03/The_View_From_Douglas_Head%252C_Isle_Of_Man..jpg/640px-The_View_From_Douglas_Head%252C_Isle_Of_Man..jpg&w=640&q=50)
Douglas, Illa de Man
Capital da Illa de Man / From Wikipedia, the free encyclopedia
Douglas (en manx: Doolish) é a capital e meirande cidade da Illa de Man, cunha poboación de 28.939 persoas (2011). Está localizada na desembocadura do río Douglas, nunha baía de 3 km. O río Douglas forma parte do peirao da cidade e do principal porto comercial.
Doolish (gv) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Dependencia da Coroa británica | Illa de Man | |||
Sheading | Middle ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 27.938 (2011) ![]() | |||
Creación | 1670 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | IM1 / IM2 ![]() | |||
Prefixo telefónico | 01624 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | douglas.im ![]() |
Douglas era un pequeno asentamento ata o seu rápido crecemento como resultado da conexión co porto inglés de Liverpool no século XVIII. Ademais, o crecemento da poboación viuse favorecido pola industrialización do lugar no século seguinte. Como consecuencia disto, o goberno da illa, o Tynwald, foi trasladado en 1869 a Douglas dende Castletown. Os Tribunais Superiores tamén están na capital.
Douglas é o núcleo principal das actividades da illa, sendo a base para as empresas, finanzas, servizos legais, a pesca, o transporte e o entretemento. O TT Illa de Man de motociclismo comeza e remata en Douglas.