From Wikipedia, the free encyclopedia
Dominici é un cráter do planeta Mercurio. Os raios brillantes de Dominici indican que é relativamente novo, os cales aparecen en azul nas imaxes en falsas cores. Dominici tamén ten ese mesmo material azul brillante no seu chan e está rodeado por material expelido do cráter que aparece nunha falsa cor laranxa. Estas diferenzas de cor, como tamén acontece nas proximidades do cráter Titian, suxiren que o cráter de impacto escavou o material de debaixo da superficie de Mercurio, xa que a composición do subsolo difire da composición da superficie circundante do cráter. Dominici queda dentro dunha estrutura de impacto moito maior, a Conca Homer.[2]
Dominici | |
---|---|
Imaxes reais e en falsas cores de Dominici, o brillante cráter (dentro do círculo) con sistema de raios está dentro da cunca Homer. O cráter Titian (que está moi preto de Dominici) está marcado cunha frecha branca. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Mercurio |
Diámetro | 19,95 km[1] |
Coordenadas | 1,32° N 36,45° O[1] |
Procedencia do nome | Maria de Dominici, Escultora e pintora maltesa.[1] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.