músico británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Dominic James "Dom" Howard (nado o 7 de decembro de 1977), é o batería da banda inglesa de rock alternativo Muse.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Dominic James Howard 7 de decembro de 1977 (46 anos) Stockport, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Teignmouth Community School (en) |
Lateralidade | manicho |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | batería , músico |
Período de actividade | 1992 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo e hard rock |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Batería, voz e Instrumento de percusión |
Selo discográfico | Warner Bros. Records |
Premios
| |
Howard naceu en Stockport, Greater Manchester e cando tiña uns 8 anos trasladouse coa súa familia a Teignmouth, un pequeno pobo de Devon. Comezou a tocar a batería aos 12 anos, despois de ver a unha banda de jazz tocar na súa escola.
O seu primeiro grupo, que tivo no colexio, chamouse Carnage Mayhem. Nese tempo fíxose amigo de Matt Bellamy, que tocaba a guitarra pero non tiña unha banda estable. Pouco despois Bellamy tivo a posibilidade de entrar na banda de Howard. Despois de dous anos Bellamy suxeríu as súas propias cancións, e tras varias saídas de membros só permaneceron Howard e Bellamy. Chris Wolstenholme, que tocaba a batería en Fixed Penalty, uniríase ao eles tocando o baixo. Nos primeiros meses de 1994 naceu Gothic Plague, á que lle cambiaría o nome para Rocket Baby Dolls e finalmente chamaríase Muse.
No ano 2004 o pai de Howard, William Howard, foi ver a banda no festival Glastonbury 2004, un concerto do que Bellamy dixo que fora "o mellor concerto das nosas vidas". Xusto despois de rematar a actución, William morreu dun ataque ao corazón. Grazas ao apoio da familia e os seus compañeiros de banda, Dominic recuperouse, e Muse puido continuar a súa xira.
O 26 de setembro do 2008, Howard, xunto con Bellamy e Wolstenholme, foi nomeado doutor honoris causa pola universidade de Plymouth.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.