Directorio de Omsk
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Directorio de Omsk, cuxo nome oficial foi o de Goberno Provisional Panruso (ruso: Временное Всероссийское правительство), foi un efémero Goberno antibolxevique instalado na cidade siberiana de Omsk no outono de 1918 trala conferencia de Ufá celebrada para tratar de unificar aos distintos grupos antibolxeviques rusos. Con escasa autoridade efectiva, foi derrocado por un golpe militar conservador que traspasou o poder ao almirante Aleksandr Kolchak en novembro de 1918.
Localización | |||
---|---|---|---|
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Creación | 23 de setembro de 1918 ![]() | ||
Disolución | 18 de novembro de 1918 ![]() | ||
Sucedido por | Kolchak government (en) ![]() ![]() | ||
O Directorio foi o resultado de diversas negociacións entre as distintas autoridades gobernamentais antibolxeviques que incluíron tres conferencias celebradas en xullo, agosto e setembro de 1918, levadas a cabo primordialmente pola presión dos Aliados, que desexaban a unificación das forzas opostas ao Goberno de Moscova.
Instalado en Omsk a comezos de outubro, a súa autoridade efectiva foi nula e mostrouse dependente da administración e as tropas do Goberno Provisional Siberiano (GPS), que practicamente absorbeuno. Sen burocracia propia, con poderes mal definidos e sen forzas armadas baixo o seu mando directo, houbo de ceder paulatinamente ás esixencias do conservador GPS ata que unha conspiración de elementos dereitistas o derrocou a noite do 17 de novembro de 1918 e instaurou unha ditadura militar co almirante Kolchak á fronte.