From Wikipedia, the free encyclopedia
Diplopía é o termo que se aplica á visión dobre, a percepción de dúas imaxes dun único obxecto.[1] A imaxe pode ser horizontal, vertical ou diagonal.
Diplopía | |
---|---|
Efecto da visión con diplopía | |
Sinónimos | Dobre visión |
Especialidade | Oftalmoloxía |
Síntomas | Visión duplicada dun obxecto |
Complicacións | Dificultade para realizar tarefas cotiás, mareos, desorientación |
Inicio habitual | Pode ser súbito ou gradual |
Duración | Depende da causa subxacente |
Tipos | Horizontal, vertical, diagonal, monocular, binocular |
Causas | Estrabismo, cancro, lesión cranioencefálica, enfermidades neuromusculares, problemas de refracción etc. |
Factores de risco | Historia de lesións oculares, enfermidades neurolóxicas, diabetes |
Diagnóstico | Exame oftalmolóxico, resonancia magnética, tomografía axial computarizada |
Condicións semellantes | Astigmatismo, cataratas, migrañas |
Prevención | Uso de lentes adecuadas, tratamento de condicións subxacentes |
Tratamento | Lentes adecuadas, cirurxía, tratamento da causa subxacente |
Medicación | Depende da causa |
Prognose | Variábel, dependendo da causa |
Frecuencia | Común en persoas con problemas oculares ou neurolóxicos |
Mortes | Non directamente asociado |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Cando desaparece ao pechar un ollo, ten polo xeral dúas causas, por parálises dos músculos oculomotores, coa consecuente desalineación dos ollos, formándose a imaxe en distintos lugares da retina en cada ollo ou en caso de estrabismo. Se ao pechar un ollo non desaparece a dobre imaxe, esta é causada xeralmente por defecto de correlación entre as lentes do ollo. Se ao mirar cun ollo con visión dobre, usando un filtro polarizado, sucede que ao virar o filtro desaparece a dobre imaxe, esta fórmase por birrefrinxencia no cristalino. No caso da dobre imaxe vendo cun ollo, é importante verificar a presión introcular, que está relacionada co glaucoma ocular.
A diplopía tamén pode ir asociada a enfermidades de cancro, como no linfoepitelioma de CAVUM, no que o nervio óptico pode verse afectado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.