From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedanio Dioscórides (en latín Pedanius Dioscorides, en grego antigo Πεδάνιος Διοσκορίδης Pedánios Dioskorídēs), naceu contra o ano 40 en Anazarbo, Cilicia, Asia Menor e morreu contra o ano 90.
Nome orixinal | (grc) Πεδάνιος Διοσκουρίδης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 ↔ 40 Anazarbo, Turquía |
Morte | c. 90 (49/50 anos) |
Actividade | |
Ocupación | médico, farmacéutico, botánico, farmacólogo |
Período de actividade | (Con vida en: século I ) |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopédia Judaica de Brockhaus e Efron (pt) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Foi un médico, farmacólogo e botánico grego, cuxa obra De Materia Medica alcanzou unha ampla difusión, converténdose no principal manual de farmacopea durante toda a Idade Media e o Renacemento.
Pouco se sabe da súa vida. Practicou a medicina en Roma na época dos emperadores Claudio I e Nerón. Segundo a propia testemuña que figura na carta que serve de prólogo á súa obra, foi cirurxián militar no exército romano, co que tivo a oportunidade de viaxar en busca de substancias medicinais por todo o mundo coñecido.[1]
Entre os anos 50 e 70[2] Dioscórides escribiu, en cinco volumes, a súa magna obra Περὶ ὕλης ἰατρικῆς Perì hýles iatrikês (en galego: Sobre a materia da medicina) máis coñecida posteriormente polo nome da súa tradución latina De Materia Medica, precursora da moderna farmacopea.[3]
No texto describe unhas 600 plantas medicinais, incluíndo a mandrágora, uns 90 minerais e ao redor de 30 substancias de orixe animal.[4] A diferenza doutras obras clásicas, este libro tivo unha enorme difusión na Idade Media tanto no seu orixinal grego como en outras linguas, tales como o latín e o árabe.[5]
O códice máis antigo que se conserva da obra data de comezos do século VI, e foi copiado para uso da patricia romana Anicia Juliana, filla do emperador Anicio Olibrio. Este manuscrito ten un total de 491 folios, e case 400 ilustracións a páxina completa. En 1569 foi adquirido polo emperador Maximiliano I, conservándose na Biblioteca Nacional de Austria (Österreichische Nationalbibliothek). É coñecido como Codex Vindobonensis Med. Gr. 1. (Vindobona é o nome latino de Viena) ou, simplemente, como o "Dioscórides de Viena".[6]
A obra foi traducida por primeira vez ao árabe no século IX, no Bagdad abasí. No século seguinte, o emperador bizantino Constantino Porfiroxéneta enviou o libro como presente ao califa cordobés Abderramán III un exemplar en grego, que foi traducido ao árabe por un monxe chamado Nicolás, coa axuda do xudeu Hasdai ibn Shaprut.[7]
Imprimiuse por primeira vez, en latín, en 1478, en Colle (Toscana) por Pedro Paduano. A primeira edición ibérica de Dioscórides foi a castelá de Andrés Laguna (1511 - 1559), feita a partir da de Jean de Ruelle, titulada Pedacio Dioscorides... Materia medicinal (Anveres, 1555).[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.