Dinastía aqueménida
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dinastía aqueménida foi unha dinastía que gobernou o Imperio Persa, fundada por Ciro II o Grande, tras vencer ao último rei medo (550 a.C) e estender o seu dominio pola meseta central de Irán e gran parte de Mesopotamia. Os seus sucesores Cambises II e Darío I o Grande continuaron a súa obra, e este último reorganizou o imperio en satrapías, alcanzando o cénit do seu poder. Porén, os sucesivos fracasos ao intentar someter as cidades gregas (Guerras Médicas) na primeira metade do século V a.C., debilitaron o imperio, e aínda o habían facer máis as tendencias secesionistas dalgunhas provincias, ata que a conquista de Alexandre Magno (331 a.C.) puxo fin ao imperio aqueménida.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2020.) |