From Wikipedia, the free encyclopedia
A diáspora xudía (en hebreo Galut גלות; en yiddish Golus) refírese á dispersión dos xudeus arredor do mundo. Orixinalmente utilizouse para referirse ao exilio dos xudeus do Reino de Xudá en Babilonia no -586, e despois polo exilio provocado pola destrución de Xerusalén a mans dos romanos no ano 135. Porén, o termo tamén se aplicaba para falar dos movementos históricos da poboación xudía dispersa e o seu desenvolvemento cultural nas nacións onde se estableceu. Neste sentido, a fin da diáspora está representada pola creación do estado de Israel en 1948.
Ademais de representar historicamente o exilio do pobo, a diáspora está relacionada coa relixión xudía. Primeiramente vese como un castigo de Deus polos pecados de idolatría cometidos antes da catividade babilónica. Tamén, a Tanakh contén numerosas profecías sobre o retorno do pobo á Terra Prometida dos "confíns da Terra". De acordo con algunhas profecías da Tanakh, o retorno anuncia a chegada do mesías. O termo diáspora, nun senso menos estrito, tamén se emprega para falar da dispersión de calquera grupo relixioso ou étnico fóra do seu lugar de orixe, como no caso da historia do pobo xitano.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diáspora xudía |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.