From Wikipedia, the free encyclopedia
Despina, (ou en latín Despœna, grego Δέσποινα), tamén coñecida coma Neptuno V, é o terceiro satélite máis interior de Neptuno. Chamada máis tarde Despina, unha ninfa que era filla de Poseidón e Deméter (Demetra).
Despina vista pola Voyager 2 | |
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Stephen P. Synnott[1] e o Equipo de Imaxes da Voyager |
Descuberta en | xullo do 1989 |
Características orbitais[2] | |
Época 18 de agosto de 1989 | |
Eixo semi-maior | 52.526 ± 1 km |
Excentricidade | 0,0002 ± 0,0002 |
Período orbital | 0,33465551 ± 0,00000001 d |
Inclinación | 0,216 ± 0,014° (respecto do ecuador de Neptuno) 0,06° (respecto do plano local de Laplace) |
é satélite de | Neptuno |
Características físicas | |
Dimensións | 180×148×128 km[3][4] |
Radio medio | 75 ± 3 km[5] |
Masa | ~2,1 x 1018 kg (baseada nunha densidade asumida) |
Densidade media | ~1,2 g/cm3 (estimada) |
Período de rotación | asumida coma sincrónica |
Oblicuidade da eclíptica | ~presumiblemente cero |
Albedo (xeométrico) | 0,09[3][4] |
Temperatura superficial | ~51 K de media (estimada) |
Atmosfera | sen atmosfera |
Despina foi descuberta a finais do mes de xullo do 1989 a partir de imaxes da sonda espacial Voyager 2. Déuselle a designación temporal S/1989 N 3[6]. O descubrimento foi anunciado (IAUC 4824) o 2 de agosto do 1989, pero o texto só fala de "10 fotogramas tomados no transcorrer de 5 días", dando unha data do descubrimento que debeu ser algúns días antes do 28 de xullo. O nome foille outorgado o 16 de setembro de 1991[7].
Despina é de forma irregular e non amosa signos de modificacións xeolóxicas. É máis coma unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial[8].
A órbita de Despina descansa próxima pero non dentro da órbita de Talasa e xusto dentro do anel de Le Verrier. E coma está por debaixo do radio das órbitas sincrónicas de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando unha anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.