Departamento de Morazán
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Morazán é un departamento do Salvador situado na zona oriental do país. Limita ao norte coa república de Honduras; ao sur e ao oeste co departamento de San Miguel, e ao sur e ao leste co departamento de La Unión. A súa cabeceira departamental é San Francisco Gotera.[1] Morazán comprende un territorio de 1 447 km² e conta cunha poboación de 251 447 habitantes (2018).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | O Salvador | ||||
Capital | San Francisco Gotera (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 174.406 (2007) (120,53 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Cacaopera (en) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.447 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1875 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | SV-MO | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
No departamento aínda se conservan rastros da presenza dos paleoindios —primeiros poboadores do Salvador— na Cova do Espírito Santo, un sitio arqueolóxico con pinturas rupestres nas proximidades do municipio de Corinto. Na época previa á conquista española, Morazán estivo habitado por indíxenas lencas.
Na época colonial, o territorio estivo subdivido nos partidos de Gotera e Osicala. Foi creado co nome de departamento de Gotera o 14 de xullo de 1875, por disposición do presidente Santiago González. Por decreto da Asemblea Lexislativa recibiu o seu nome actual o 14 de marzo de 1887, en homenaxe ao unionista centroamericano o xeneral Francisco Morazán.
Durante a Guerra Civil do Salvador, Morazán foi unha das zonas máis disputadas do territorio nacional. O Exército Revolucionario do Pobo, unha das organizacións integrantes do FMLN, concentrou unha numerosa tropa insurxente en varios campamentos na zona norte do departamento. Así mesmo, preto de Perquín estivo instalada a base de operacións de Radio Venceremos. En 1981, unha unidade da Forza Armada do Salvador perpetrou preto de Arambala o Masacre de El Mozote, na que morreron uns 1 000 campesiños.
Algúns personaxes soados nacidos no departamento son o educador Joaquín Rodezno, e o expresidente da República Fidel Sánchez Hernández.
O 11 de maio de 2021, O Presidente Nayib Bukele nomeou a David Sorto como Gobernador Departamental e a Brayan David Aparicio Portillo, Gobernador Suplente.
O departamento atópase na parte nororiental do Salvador. O seu territorio atópase a unha altitude de entre 500 e 1000 metros sobre o nivel do mar e ten unha topografía relativamente accidentada. Entre as elevacións máis importantes atópanse o Cerro El Pericón, preto da fronteira con Honduras; e o Cerro Cacahuatique, sendo este o punto máis alto de todo o territorio situado a 1.663 msnm.[2]
A precipitación media anual en Morazán varía entre 2300 e 2600 milímetros. Algúns ríos do departamento son o Torola, Tamarindo, Cañas, Yamabal e San Francisco, case todos eles pertencen á conca hidrográfica do Río Grande de San Miguel.
Morazán está subdivido en 26 municipios:
Municipio | Territorio | Poboación |
---|---|---|
Arambala | 114,21 km² | 2 129 hab. |
Cacaopera | 135,73 km² | 10 558 hab. |
Chilanga | 34,33 km² | 9 105 hab. |
Corinto | 94,99 km² | 17 557 hab. |
Delicias de Concepción | 20,22 km² | 4 980 hab. |
El Divisadero | 61,36 km² | 8 058 hab. |
El Rosario | 19,12 km² | 1 296 hab. |
Gualococti | 18,62 km² | 3 336 hab. |
Guatajiagua | 70,77 km² | 10 907 hab. |
Joateca | 66,27 km² | 3 886 hab. |
Jocoaitique | 51,85 km² | 2 325 hab. |
Jocoro | 63,56 km² | 10 543 hab. |
Lolotiquillo | 22,62 km² | 4 867 hab. |
Meanguera | 47,25 km² | 8 523 hab. |
Osicala | 47,05 km² | 10 492 hab. |
Perquín | 109,01 km² | 3 986 hab. |
San Carlos | 39,94 km² | 3 870 hab. |
San Fernando | 26,93 km² | 1 036 hab. |
San Francisco Gotera | 59,76 km² | 21 852 hab. |
San Isidro | 11,51 km² | 3 414 hab. |
San Simón | 39,14 km² | 9 583 hab. |
Sensembra | 22,02 km² | 3 357 hab. |
Sociedad | 118,32 km² | 15 506 hab. |
Torola | 58,26 km² | 1 557 hab. |
Yamabal | 84,08 km² | 3 871 hab. |
Yoloaiquín | 13,51 km² | 3 964 hab. |
Fonte: Directorio Municipal da Fundación Dr. Guillermo Manuel Ungo
Morazán é xunto con Cabañas e Chalatenango, un dos departamentos máis pobres do Salvador. Como outras rexións que foron afectadas polo conflito bélico da década dos anos 1980, existe un importante número de familias receptoras de remesas familiares enviadas por parentes que se exiliaron durante a guerra.
A economía de Morazán é predominantemente agrícola. No seu territorio cultívase cana de azucre, café (na zona de Joateca), henequén, aguacate, ananás e froitas cítricas. Tamén é importante a crianza de gando bovino e de aves de curral; así como a fabricación artesanal de chapeus de palma, obxectos de tule e produtos de henequén. En Guatajiagua existe a tradicional produción de potas e comais de barro negro.
Nos últimos anos desenvolveuse o turismo en varias zonas do departamento. En especial a chamada «Ruta de Paz», en honra da tranquilidade imperante na zona despois do conflito armado que arrasou esta rexión. O percorrido inclúe os municipios de Meanguera, Jocoaitique, El Rosario, Arambala, Joateca, Perquín, San Fernando e Torola
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.