futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Denis López López, nado en Caión o 5 de outubro de 1994, é un futbolista galego, que xoga como dianteiro no San Tirso, da Preferente Galicia.
Denis | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Denis López López | ||
Nacemento | 5 de outubro de 1994 | ||
Lugar de nacemento | Caión | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | San Tirso | ||
Carreira xuvenil | |||
2009–2013 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2013–2014 | Laracha | 30 | (2) |
2014–2016 | Bergantiños | 54 | (0) |
2016–2017 | Atlético Arteixo | 28 | (19) |
2017–2018 | Polvorín | 24 | (3) |
2018–2019 | Atlético Arteixo | 20 | (6) |
2019 | Racing Vilalbés | 11 | (1) |
2019–2020 | Laracha | 16 | (2) |
2020–2021 | Montañeros | 10 | (0) |
2021– | San Tirso | 62 | (37) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 30 de maio de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Formouse como futbolista na canteira do Deportivo da Coruña, no que ingresou en idade cadete. Aos 18 anos debutou na Terceira División, nas filas do Laracha, no que xogou un ano, antes de fichar polo Bergantiños. No club de Carballo militou durante as tempadas 2014/15 e 2015/16, ambas en Terceira. Durante a campaña 2016/17 xogou no Atlético Arteixo, de Preferente, e marcou un total de 19 goles, sendo o terceiro máximo goleador da liga, só por detrás de Miguel Taibo (Laracha) e Cuadrado (Polvorín).[1]
A continuación xogou unha campaña no Polvorín, proclamándose campión de Preferente, e media de novo no Atlético Arteixo, antes de fichar en xaneiro de 2019 polo Racing Vilalbés, de Terceira.[2] Posteriormente regresou ao Laracha e pasou polo Montañeros, recalando en 2021 no San Tirso. Na súa segunda campaña en Mabegondo chegou á derradeira xornada de Preferente como terceiro máximo goleador da liga con 18 goles, a cinco dianas de Pedro Beda (Boiro) e Juan de Dora (Betanzos). A pesar de que Beda anotou dous goles máis na última xornada, foi Denis quen acabou proclamándose máximo goleador do campionato, grazas aos seus oito goles na última xornada diante do Fisterra en Ara Solis, nun encontro que acabou 0-10.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.