Demografía do Brasil
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Federativa do Brasil ten unha poboación de 208 896 840 habitantes no ano 2018 segundo estimacións do Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística,[1]o que representa unha das maiores poboacións do mundo. A densidade de poboación é de 22 habitantes por quilómetro cadrado. Nos últimos anos, reduciuse o crecemento da poboación do país, moi elevado até a década de 1960, no ano 2000 había 171 279 882 habitantes contra os 118 562 549 de 1980. As razóns da diminución de crecemento da poboación están relacionadas coa urbanización e a industrialización e os incentivos para reducir a taxa de natalidade (como a difusión dos anticonceptivos), ademais do aumento da esperanza de vida.