From Wikipedia, the free encyclopedia
Demòcrates per Andorra (DA, en galego: Demócratas por Andorra) é unha coalición política de Andorra, formadoa por liberais e conservadores que se presentou ás eleccións xerais de Andorra de 2011.
Demòcrates per Andorra | |
---|---|
Acrónimo | DA e Demòcrates per Andorra |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | conservadorismo liberal |
Data de fundación | 25 de febreiro de 2011 |
Presidente/a | Xavier Espot Zamora (2019-) |
Secretario/a | Jaume Serra Serra |
Nº de membros | 300 (2023) |
Sede | Escaldes-Engordany |
País | Andorra |
Na rede | |
http://www.democrates.ad/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nas eleccións de 2009, as forzas de centrodereita de Andorra, agrupadas na denominación da Coalició Reformista perderon o poder a mans do Partido Socialdemócrata de Andorra. Dous anos máis tarde, en medio da crise financeira mundial, o presidente do goberno de Andorra, Jaume Bartumeu non foi quen de aprobar os orzamentos e convocou eleccións xerais, que se celebraron o 3 de abril de 2011.
A eses comicios a oposición liberal-conservadora chegou coa creación de Demócratas por Andorra, que integraba a membros do Partit Liberal d'Andorra, do Nou Centre, do Partit Reformista d'Andorra e mesmo dalgunhas persoas vencelladas ao Partido Socialdemócrata de Andorra. A coalición tamén recibiu o apoio do partido parroquial Unió Laurediana.
O seu cabeza de lista foi o liberal Antoni Martí, que obtivo unha esmagadora maioría co 55% dos votos, e 28 dos 34 conselleiros no Consello Xeral de Andorra[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.