Filme de 1991 dirixido por Marc Caro e Jean-Pierre Jeunet From Wikipedia, the free encyclopedia
Delicatessen é un filme de humor negro francés dirixido por Jean-Pierre Jeunet e Marc Caro, protagonizado por Dominique Pinon e Karin Viard que se estreou en 1991.
Delicatessen | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Delicatessen |
Director | Marc Caro Jean-Pierre Jeunet |
Produtor | Claudie Ossard |
Guión | Gilles Adrien Marc Caro Jean-Pierre Jeunet |
Intérpretes | Pascal Benezech Dominique Pinon Marie-Laure Dougnac Jean-Claude Dreyfus Karin Viard |
Música | Carlos D'Alessio |
Fotografía | Darius Khondji |
Montaxe | Hervé Schneid |
Distribuidora | Miramax Films |
Estrea | 1991 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Humor negro, Comedia |
Orzamento | €3 800 000 |
Recadación | €13 760 640 |
Na rede | |
A historia desenvólvese nun edificio da Francia rural e postapocalíptica de 1950. A comida non é abonda, o gran é empregado como moeda e a poboación animal é cazada ata a extinción. Ó pé do edificio está a carnizaría, que pertence ó caseiro, Clapet, quen coloca mensaxes no xornal "Tempos Duros" para atraer vítimas ó edificio, asasinalas e vendelas como carne ós habitantes do edificio.
Trala "partida" do último habitante, o pallaso desempregado Louison chega para ocupala vacante. Durante a súa rutina de mantemento do edificio, faise amigo de Julie Clapet, e esta relación convértese en namoramento. Coñecedora das intencións do seu pai e a inminente morte de Louison, Julie descende ós sumidoiros para atopar ós temidos Trogloditas, un grupo rebelde de franceses vexetarianos, ós cales convence para que rescaten a Louison.
Despois da morte e desmembramento (por carne) dunha anciá, os Trogloditas volven, e o Sr. Clapet, xunto ós habitantes caníbales do edificio, atormentan a Louison na súa habitación para asasinalo. Louison, coa axuda de Julie, fere a tódolos inquilinos posibles ó anegar o seu apartamento. Logra escapar da morte por moi pouco, logo de que Clapet accidentalmente se matara coa arma de Louison, un búmerang. O filme remata con Julie e Louison desfrutando da compaña do outro no agora pacífico edificio.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.