separación completa da cabeza do resto do corpo From Wikipedia, the free encyclopedia
A decapitación (do latín caput, capitis, que significa testa) é un xeito de execución que consiste en separar a cabeza do corpo. O resultado é a morte instantánea, xa que cercenar a testa priva a tódolos órganos das súas funcións involuntarias que son esenciais para o corpo, mentres que o cerebro é privado de sangue osixenado.
A decapitación realízase xeralmente cun coitelo, espada, sabre, machado ou guillotina e durante moito tempo foi unha forma normal de aplicala pena de morte. A decapitación accidental pode ser o resultado dunha explosión,[1] accidente de coche ou industrial,[2] a execución errada por enforcamento ou outra ferida violenta. O suicidio por decapitación é raro pero non descoñecido.[3] É unha pena de morte legal en Arabia Saudita, Qatar e o Iemen, pero só se aplica no primeiro país.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.