grupo de punk rock estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Death é unha banda estadounidense de garage rock e punk rock formada en Detroit, Míchigan no ano 1971 polos irmáns Bobby (baixo, voces), David (guitarra) e Dannis Hackney (batería).
Death | |
---|---|
Orixe | Detroit, Míchigan, |
Período | 1971 – 1976 2009 – presente |
Xénero(s) | protopunk, garage rock, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Tryangle, Drag City |
Membros | Bobby Hackney Dannis Hackney Bobbie Duncan |
Antigos membros | David Hackney |
Artistas relacionados | RockFire Funk Express, The Fourth Movement, Lambsbread, Rough Francis |
Na rede | |
deathfromdetroit.com | |
O trío afroamericano comezou a súa carreira como un grupo de R&B pero cambiouse ao rock despois de ver concertos de The Who e Alice Cooper.[1][2] O crítico musical Peter Margasak escribiu retrospectivamente que David "empuxou ao grupo nunha dirección de rock duro que presaxiaba o punk, e aínda que isto certamente non lles axudou a atopar seguidores a mediados dos anos 70, hoxe fainos parecer visionarios" (o propio David foi chamado "o visionario do grupo").[1][3] Publicacións como Gawker nomeounos como unha das primeiras bandas de punk rock.[4] A banda separouse en 1977, pero o interese inesperado pola súa música fixo que o selo discográfico independente Drag City publicase as súas gravacións inéditas de 1975 en 2009, e que a banda se reformase.[5]
En 1964, uns noviños irmáns Hackney viron a carón de seu pai a primeira aparición dos Beatles no programa The Ed Sullivan Show. Ao día seguinte David atopou unha guitarra nunha calexa e decidiu aprender a tocala. Os seus irmáns Bobby e Dannis pronto seguiron o seu exemplo e comezaron a facer música xuntos. Máis tarde mercaron os mellores instrumentos que puideron pagar cos cartos que a súa nai gañou nun acordo dun accidente de tráfico.[6]
Os irmáns practicaron e gravaron as súas primeiras demos nunha habitación da casa familiar, realizando o seu primeiro concerto no garaxe.[7] Orixinalmente fixéronse chamar Rock Fire Funk Express, pero David convenceu aos seus irmáns para cambiar o nome da banda a Death (morte) en 1974 despois de que o seu pai morrese nun accidente. David quería cambiar o significado da palabra: "O seu concepto estaba facendo pasar a morte do negativo ao positivo", recordou Bobby Hackney en 2010.[8] O nome distinguíaos doutras bandas de afroamericanos; o seu estilo musical, unha innovación nun enfoque musical xa evidente en Detroit, demarcou aínda máis a Death, "sen dúbida" a primeira banda de punk totalmente negra e quizais a primeira banda de punk en xeral.[3][9]
O 18 de febreiro de 1975, nos United Sound Studios de Detroit, Death gravou sete temas compostos por David e Bobby co enxeñeiro Jim Vitti. Segundo a familia Hackney, o presidente de Columbia Records Clive Davis financiou as gravacións, pero pediu á banda que cambiase de nome para facelo máis comercial. Cando os Hackneys se negaron, Davis deixou de apoialos.[10] Bobby e Dannis foron vacilantes sobre esta decisión, priorizando finalmente a relación fraternal.[9] Finalmente só gravaron eses sete temas en lugar da ducia prevista. O ano seguinte auto-editaron 500 copias das sesións no sinxelo de 7" "Politicians in My Eyes" coa cara-B "Keep on Knocking", a través do seu selo Tryangle Records.[3]
Death separouse oficialmente en 1977. Os irmáns entón mudáronse cara Burlington, Vermont, e editaron dous álbums de gospel rock como The 4th Movement a principios dos anos 80. David volveu a Detroit en 1982, e morreu dun cancro de pulmón en 2000. Bobby e Dannis viven aínda en Vermont e lideran a banda de reggae Lambsbread. Dannis é actualmente o batería da banda de rock/funk de Vermont The Aerolites.[11]
Copias do sinxelo "Politicians in My Eyes", xunto coa a historia de Death, continuaron circulando en circuítos de coleccionistas, chegando a venderse algunhas copias por 800 dólares debido á súa extrema rareza. Unha fonte deles foi Don Schwenk, un amigo dos Hackney que orixinalmente ía ser o encargado de crear a portada do álbum para o próximo álbum, e que recibiu unha caixa de sinxelos a cambio.[12] Os MP3s das dúas cancións do sinxelo chegaron á revista Chunklet en 2008; por esta época, o fillo de Bobby Hackney, Julian, trasladouse a California e escoitou as cancións de Death tras a recomendación dun compañeiro de cuarto e inmediatamente recoñeceu a voz do seu pai.[12] Unha vez que comezou a difundirse a noticia do descubrimento e a historia de Death, acabou por chegar a Drag City Records, que se puxo en contacto cos Hackney sobre o posible lanzamento do álbum, proporcionándolle este ao selo a cinta mestra orixinal. En 2009, Drag City publicou en CD e vinilo as sete cancións gravadas por Death nas súas sesións de United Sound en 1975 baixo o título ...For the Whole World to See.[12]
Mentres tanto, os fillos de Bobby Hackney (Julian, Urian e Bobby Jr.), querendo correr máis a voz, crearon a banda Rough Francis (chamada así por un alcume usado ocasionalmente polo seu tío David), versionando as cancións de Death despois de descubrir as antigas gravacións en liña. Un artigo de marzo de 2009 de Mike Rubin no The New York Times,[13] que cobre un dos concertos de Rough Francis e a historia de Death presentou a banda a un público aínda máis amplo.[12] A popularidade chegou finalmente a Mickey Leigh, quen convidou a ambas as bandas a tocar na festa de aniversario do seu irmán Joey Ramone.[12]
No mes de setembro de 2009 Death reformouse para realizar tres concertos cos irmáns Bobby e Dannis Hackney, e co guitarrista de Lambsbread Bobbie Duncan substituíndo a David Hackney.[14] Durante unha actuación no Boomslang Festival de Lexington, Kentucky no ano 2010, a banda anunciou que Drag City publicaría un novo álbum con demos anteriores ás súas sesións de 1974. O álbum Spiritual • Mental • Physical foi editado en xaneiro de 2011.[15] En 2014 Death publicou o seu terceiro álbum de estudo, III, e en 2015 apareceu o seu disco máis recente, titulado N.E.W.[16][17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.