Davis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Davis é unha cidade do condado de Yolo, California, nos Estados Unidos. Segundo o censo de 2000 tiña 60.308 habitantes, pero en 2007 a poboación chega xa a 64.938. O ciclismo é un modo moi popular de transporte na cidade, sobre por parte dos estudantes, sendo así que o lema da cidade é "Most bicycle friendly town in the world" (do inglés: A cidade máis amigable para as bicicletas no mundo)
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | California | ||||
Condado | Condado de Yolo (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 66.850 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 24.973 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 25,697725 km² ![]() | ||||
Auga | 0,3195 % (1 de abril de 2010) ![]() | ||||
Altitude | 15,8 m-15,24 m ![]() | ||||
Creación | 1868 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 95616–95618, 95616 e 95617 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 530 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cityofdavis.org ![]() |
Davis é a única cidade do condado que alberga unha sede da Universidade de California (UC Davis), á que debe gran parte da súa actividade e dinamismo. Os seus habitantes son xeralmente adiñeirados e de diversa procedencia, abundando as minorías de orixe asiática, mexicana e latinoamericana. Davis goza dun dos índices de criminalidade máis baixos dos Estados Unidos.