Daniela Bianchi, nada en Roma o 31 de xaneiro do 1942, é unha actriz italiana. Foi segunda no concurso de Miss Universo en 1960, acadando sona pola súa beleza e mais pola súa actuación nun dos filmes da saga de James Bond no 1963.
(1963) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xaneiro de 1942 (82 anos) Roma, Italia |
Actividade | |
Ocupación | actriz, concursante en certames de beleza, modelo, actriz de cinema |
Período de actividade | 1958 - 1970 |
Traxectoria
Naceu durante a segunda guerra mundial. Fixo un par de filmes na súa terra natal antes de ser escollida Miss fotoxénica pola prensa do seu país no 1959. Presentouse ao concurso Miss Universo no 1960 e chegou á final.
Os produtores da serie Bond, procuraban á intérprete de Tatiana Romanova no filme Desde Rusia con amor (1962), e chamaron a un casting a Bianchi, quen resultou escollida pola súa beleza e encanto, precisos para interpretar o personaxe clave do filme. O único detalle foi a súa voz, que non concordaba coa imaxe da axente rusa que interpretaba, polo que tivo que ser dobrada. A actuación de Bianchi resultou convincente e o filme tivo grande éxito.
Despois do filme Bianchi fixo algúns filmes máis ben discretos, até 1968, no que se adicou a outra actividade. Só no 1990 apareceu nunha parodia de James Bond, xunto ao irmán de Sean, Neil Connery en Operación 000.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.