Bolboreta monarca
especie de bolboreta / From Wikipedia, the free encyclopedia
A bolboreta monarca,[4] Danaus plexippus, é un insecto lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae, superfamilia Papilionoidea. É quizais a máis coñecida de todas as bolboretas de América do Norte. Desde o século XIX foi introducida en Nova Zelandia e en Australia.[5][6][7] No Atlántico é residente nas Illas Canarias, Azores, Madeira e Andalucía, e atópase como unha ocasional migrante en Europa Occidental.
Bolboreta monarca | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
A subespecie D. plexippus plexippus leva a cabo unha das migracións máis extensas e abundantes de insectos. A xeración invernal "matusalén", que emigra cara ao sur no outono, é moito máis lonxeva que as outras.[8] Outros lepidópteros con migracións notables son: a esfinxe colibrí (Macroglossum stellatarum), a Vanessa atalanta e a Vanessa cardui. D. plexippus plexippus atópase clasificada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) como unha especie en perigo de extinción desde o 20 de xullo de 2022.[9]
As súas ás son de cor laranxa con liñas negras e é facilmente reconocible. A xeración de outono posúe unha gran resistencia e a lonxevidade de até nove meses, mentres que outras xeracións poden vivir até 24 días. Grazas a estas características pode viaxar até 4000 quilómetros desde Canadá e o norte dos Estados Unidos até os bosques de Abies religiosa no centro de México e de regreso.