cantante islandés From Wikipedia, the free encyclopedia
Daði Freyr Pétursson, nado en Reiquiavik o 30 de xuño de 1992, e coñecido artisticamente como Daði Freyr ou soamente Daði, é un músico islandés. É coñecido por representar a Islandia no Festival de Eurovisión coa canción "Think About Things", antes de que o Festival de Eurovisión 2020 fose cancelado. O ano seguinte volveu representar a Islandia coa canción "10 Years", acadando o cuarto posto.[1]
(2022) | |
Nome orixinal | (is) Daði Freyr Pétursson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de xuño de 1992 (32 anos) Reiquiavik, Islandia |
Residencia | Berlín (2014–) |
Educación | Sudurland College (en) |
Altura | 208 cm |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Lugar de traballo | Berlín |
Ocupación | cantante, cantautor, compositor de cancións, informático teórico |
Período de actividade | 2012 - |
Xénero artístico | Música pop |
Selo discográfico | AWAL (pt) |
Participou en | |
2021 | Festival de Eurovisión 2021 |
2020 | Iceland in the Eurovision Song Contest 2020 (en) |
2017 | Iceland in the Eurovision Song Contest 2017 (en) |
Páxina web | dadifreyr.com |
Daði naceu en Reiquiavik mais medrou en Dinamarca até os nove anos, cando a súa familia regresou a Islandia e se asentou en Suðurland, primeiro en Laugaland e despois en Ásahreppur. Daði graduouse no Fjölbrautaskóli Suðurlands en 2012 e conseguiu un BA en Music Management e Produción de Son en Berlín en 2017.[2]
Na súa adolescencia, Daði tocou a batería e estudou piano e baixo. Foi membro de RetRoBot, uníndose ó cantante Gunnlaugur Bjarnason e ó guitarrista Guðmundur Einar Vilbergsson, ós cales coñeceu no Instituto Multicultural de Suðurlands. En 2012, a banda RetRoBot gañou o Músíktilraunir ("Experimentos Musicais") e Daði foi escollido como músico electrónico do ano.[3] RetRoBot lanzou un álbum, Blackout, un ano despois.
En 2017, Daði participou en Söngvakeppnin (competindo para representar a Islandia no Festival de Eurovisión de 2017) coa canción "Hvað með það?". Quedou en segundo lugar, despois de Svala Björgvinsdóttir que interpretou a canción "Paper".[4] Daði participou no Söngvakeppnin de 2020, coa canción "Think About Things" (a versión alternativa en islandés titulouse "Gagnamagnið").[5] Participou cun grupo de amigos nos que están a súa irmá Sigrún Birna Pétursdóttir (coros), a súa muller Árný Fjóla Ásmundsdóttir (baile), e Hulda Kristín Kolbrúnardóttir (coros), Stefán Hannesson (baile) e Jóhann Sigurður Jóhannsson (baile), acreditados colectivamente como "Daði og Gagnamagnið".[6][7] O grupo caracterízase polos seus traxes de cor verde e polo pixel art nas interpretacións.[8] Gañou a competición de 2020 e ían representar a Islandia no Festival de Eurovisión 2020, mais o evento foi cancelado por mor da pandemia por coronavirus de 2019-2020. O 23 de outubro de 2020, anunciouse que Daði & Gagnamagnið serían de novo os representantes de Islandia no Festival de Eurovisión 2021.[1] Interpretaron a canción "10 Years",[9] pero durante a súa semifinal e na final emitiuse unha actuación pregravada do segundo ensaio, debido a que un membro do grupo deu positivo por COVID-19.[10] Despois de clasificarse para a final, quedaron cuartos con 378 puntos.[11]
Daði Freyr casou coa músico Árný Fjóla Ásmundsdóttir; a súa filla Áróra, naceu en 2019.[12][13] A súa filla foi a inspiración para letra da canción "Think About Things".[14][15][16] A segunda filla da parella, Kría Sif, naceu en 2021.[17]
Título | Detalles |
---|---|
& Co. |
|
Título | Detalles |
---|---|
Næsta Skref |
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.