From Wikipedia, the free encyclopedia
A cótila (grego: κοτύλη) é unha cunca pequena e profunda de dúas asas de uso puramente doméstico na Antiga Grecia.
Tamén se usaba este termo para expresar a súa medida de capacidade, equivalente aproximadamente un cuarto de litro[1] (c. 0,270 l, a metade do xestes grego e o sextario romano.
A cótila aparece xunto co aríbalo no período protocorintio antigo que vai desde o ano 730 a. C. ao 700 a. C. Estas novas formas de vasos úsanse especialmente para marcar a cronoloxía do período protocorintio.
A evolución da cótila marcarase pola súa decoración, pasando dun vernizado completo até ser substituído por unha serie de liñas horizontais paralelas, con alternancia de bandas claras e escuras.
No sueste da Península Ibérica atopáronse exemplares nos Toscanos, Almuñécar e o Cerro del Peñón en Vélez-Málaga. Outros exemplares expóñense no museo do Louvre e en Corfú.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.