Célula (Dragon Ball)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Célula (セル, Seru?) é un personaxe de ficción da serie de manga e anime Dragon Ball. Trátase dun bioandroide creado polo Doutor Guero coa intención de vingarse de Son Goku por haber acabado co Exército Red Ribbon.
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Está fabricado a partir de células de Son Goku, Piccoro, Vexeta, Freezer e o seu pai, o Rei Cold, e unha computadora rexistrou os movementos destes loitadores facendo que Célula saiba empregar tódolos seus ataques. Célula pode absorber a enerxía dos seus inimigos coa agulla ó cabo do seu rabo, e para acadar a perfección do seu corpo debe absorber ós androides C-17 e C-18. Célula morreu no ano 767 da Cronoloxía de Dragon Ball.