Cálamo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cálamo, do latín calamum, acusativo de calamus, -i ('cana', 'cana delgada cortada para escribir', e tamén 'frauta'), que á súa vez deriva do grego antigo κάλαμος, kálamos, cos mesmos significados, é unha cana (caule oco de certas plantas), ou unha pluma de ave, ambos obxectos cortados oblicuamente, que se utilizaba para escribir na antigüidade.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cálamo (sinónimos).