Curva isofónica

From Wikipedia, the free encyclopedia

Curva isofónica

As curvas isofónicas son curvas de igual sonoridade. Estas curvas calculan a relación existente entre a frecuencia e a intensidade (en decibelios) de dous sons para que estes sexan percibidos como igual de fortes polo oído, co que todos os puntos sobre unha mesma curva isofónica teñen a mesma sonoridade.

Curvas isofónicas de Fletcher-Munson

Así, se 0 fon corresponden a unha sonoridade cunha intensidade de 0 dB cunha frecuencia de 1 kHz, tamén unha sonoridade de 0 fon podería corresponder a unha sonoridade cunha intensidade de 60 dB cunha frecuencia de 70 Hz.

As primeiras curvas de igual sonoridade foron establecidas por Fletcher e Munson en 1930, nas que se observa como, a medida que aumenta a intensidade sonora, as curvas fanse, cada vez, máis planas. Isto tradúcese en que a dependencia da frecuencia é menor a medida que aumenta o nivel de presión sonora, o que significa que se diminúe a intensidade sonora, os últimos sons perceptibles en desaparecer serían os agudos (altas frecuencias).

As curvas de Fletcher e Munson foron recalculadas, máis tarde, por Robinson e Dadson.

Nótese que tanto as curvas Fletcher e Munson e as curvas de Robinson e Dadson só son válidas para un campo sonoro directo, dado que non teñen en conta que non percibimos por igual os sons se proveñen de diferentes direccións (campo sonoro difuso).

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.