From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo latino curriculum vitae, que pasou ao galego como currículum vítae[1] e tamén, na forma abreviada, como currículo[2], significa literalmente "carreira da vida", por analoxía e contraposición ao cursus honorum, a carreira profesional dos maxistrados romanos. Emprégase para referirse ao conxunto de méritos, estudos, cursos e experiencia laboral precisos para solicitar un emprego, que normalmente se recollen por escrito nun documento. Utilízase a miúdo na súa forma abreviada curriculum, aínda que en ocasións se pode atopar tamén a forma máis completa curriculum vitae et studiorum ("carreira da vida e dos estudos"). Tamén é habitual atopalo mencionado coa abreviatura CV[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.