From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cumulonimbus ou cumulonimbos[1], abreviadamente Cb, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, se caracterzan por se presentaren densas, pesadas e cun desenvolvemento vertical considerable, a xeito de montañas ou de enormes torres. Parte da súa cima é normalmente lisa, fibrosa ou estriada, e case sempre esmagada; a miúdo, esténdese en forma de engra ou dun vasto penacho. Por embaixo da base, moi escura, aparecen nubes baixas esgazadas e precipitacións.
Asociadas a choivas intensas, treboadas eléctricas e saraiba, e tamén a fortes refachos de vento. Son nubes de desenvolvemento vertical que se estenden ata grandes alturas, ás veces superiores aos 14 quilómetros.
Non ten.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.