Cuadrilla de Añana
Comarca de Áraba / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cuadrilla de Añana (en éuscaro: Añanako Kuadrilla) é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Áraba | |||
Capital | Ribabellosa (en) | |||
Pechar
Sitúase ao suroeste da provincia de Áraba, cunha superficie de 718,3 km² e unha poboación de 8.726 habitantes (2010) e inclúe os municipios de Añana, Armiñón, Berantevilla, Erribera Beitia, Erriberagoitia, Gaubea, Iruña Oka, Kuartango, Lantarón e Zambrana. A sede das institucións comarcais atópase na poboación de Rivabellosa no municipio de Erribera Beitia, aínda que o municipio máis poboado é Iruña de Oca con máis do 30% da poboación.