Cuélebre
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cuélebre na mitoloxía asturiana é un ser con forma de dragón-serpe con ás.
En Asturias cóntase que unha das súas funcións é a de ollar polos tesouros. Na mitoloxía ástur son comúns as referencias a estes tesouros agochados, que xeralmente consisten en pezas de ouro de moito valor. Para a súa procura hai unhas guías chamadas lliendas que describen os lugares onde se atopan.
O Cuélebre é molesto para os homes que moran preto de onde se agochan, que pode ser unha fraga, unha cova ou unha fonte, xa que deixar ouvir asubíos terríbeis e ten por costume xantar persoas, tanto vivas coma mortas. Para evitar que isto ocorra dánselle alimentos, como boroña.
O punto feble do Cuélebre é a gorxa, xa que o resto do corpo fica cuberto por unhas duras escamas que o tornan invulnerábel. Ao facerse vellos, vanse ao fondo do mar a coidar os seus tesouros e descansar.