Un cráter é unha depresión provocada polo impacto dun meteorito ou asteroide coa superficie dun planeta ou dos seus satélites. Coa tecnoloxía nuclear aplicada á balística foi posible crear cráteres "artificiais" con diámetros parellos a algúns cráteres naturais.

Thumb
Cráter artificial na superficie da Terra produto dunha explosión nuclear, Test "Sedan", ano 1962.
Thumb
Cráter Meteor ou Barringer en Flagstaff (Arizona), cráter de impacto meteorítico, de hai uns 50.000 anos aprox.

Cráteres terrestres

Na superficie do planeta Terra, formadas polos impactos de asteroides (orde crecente de acordo co seu diámetro):

Destacados cráteres do Sistema Solar

Thumb
Odiseo en primeiro plano, pódense ve-los seus picos centrais, os Montes Sheria que teñen máis de 185 km da diámetro[1].
Thumb
Cráter Stickney, imaxe tomada pola sonda Mars Reconnaissance Orbiter en marzo do 2008.
Thumb
Imaxe de Herschel tomada pola sonda Cassini no seu sobrevoo máis próximo á superficie, feito o 13-02-2010.

Evidentemente, non só existen cráteres de impacto na Terra, de feito case tódolos corpos con codia rochosa do Sistema Solar teñen cráteres, e se o corpo en cuestión non posúe unha atmosfera que axude a desintegra-los meteoritos que se lle achegan, ou como mínimo a reduci-lo tamaño do meteorito antes de que se produza o impacto, a densidade de cráteres existentes nese corpo aumenta, así como o tamaño dos mesmos.

Podemos citar algúns cráteres moi famosos, sobre todo tendo en conta a relación do seu tamaño co diámetro do corpo que alberga o cráter en cuestión:

  • Tycho, o enorme cráter no sur da nosa Lúa, que chama moito a atención polo sistema brillante de raios, que son en realidade depósitos do material espelido polo impacto.
  • Aitken, tamén na Lúa, un gran cráter de 135 km situado na grande cunca Aitken do polo sur da Lúa.
  • Herschel, o famosísimo e enorme cráter da lúa de Saturno, Mimas, que lle dá unha notable semellanza á Estrela da Morte que aparece no filme A guerra das galaxias.
  • Odiseo, o inmenso cráter de case 450 km da lúa de Saturno, Tetis.
  • Stickney, o enorme cráter (respecto do seu corpo proxenitor) da lúa de Marte, Fobos; de feito, se o meteorito que formou este cráter chega a ser un pouco máis grande tería esnaquizado o satélite.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.