Cronoloxía do descubrimento dos planetas do sistema solar e os seus satélites naturais
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta cronoloxía do descubrimento dos planetas do sistema solar e os seus satélites naturais rexistra o progreso no descubrimento de novos corpos celestes no transcurso da historia.
Nas táboas que aparecen a continuación, os satélites indícanse en letra grosa (por exemplo Lúa), mentres que os planetas que orbitan o Sol, tanto maiores como menores, están en cursiva (por exemplo a Terra). Os cadros están ordenados segundo a data de publicación/anuncio dos descubrimentos; as devanditas datas indícanse acompañadas dos seguintes símbolos:
- i: para a data da primeira imaxe rexistrada (fotográfica etc.);
- o: para a data da primeira observación visual efectuada polo ser humano, xa sexa mediante un telescopio ou unha emulsión fotográfica (o verdadeiro intre do «descubrimento»);
- p: para a data de anuncio ou publicación do descubrimento.
Nota: As lúas indicadas cun asterisco (*) tiveron algunhas dificultades nos seus descubrimentos. En moitos destes casos precisáronse diversos anos para confirmar as súas existencias, e en diversas ocasións chegaron a «extraviarse» e volveron ser redescubertas. Algunhas lúas atopáronse durante a análise das fotografías enviadas polas sondas espaciais Voyager, anos despois de que fosen tiradas.