A cristalografía é a ciencia experimental que estuda o ordenamento dos átomos nos sólidos. Nos tempos antigos a cristalografía era o estudo científico de pedras cristalinas.

Os métodos cristalográficos apoianse fortemente na análise dos patróns de difracción que xorden dunha mostra cristalina ó irradiala cun feixe de raios X, neutróns ou electróns. A estrutura cristalina tamén pode ser estudada por medio de microscopía electrónica.

Introdución

Un material cristalino é aquel no que os átomos se estruturan en redes tridimensionais que se repiten. A estrutura que se repite denomínase célula cristalina. Os cristais clasifícanse segundo sexan as propiedades de simetría da célula cristalina. Estas propiedades de simetría tamén se manifestan en ocasión en simetrías macroscópicas dos cristais, como formas xeométricas ou planos de cortadura. O estudo da cristalografía require un certo coñecemento do grupo de simetría.

A cristalografía na bioloxía

A cristalografía dos raios X é o principal método de obtención de información estrutural no estudo de proteínas e outras macromoléculas orgánicas (como a dobre hélice do ADN). A análise de moléculas tan complexas e, moi especialmente, con pouca simetría require unha análise moi complexa empregándose ordenadores para axustar o patrón de difracción ás posibles estruturas.

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.