Crioxenia
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A crioxenia é un ramo da fisicoquímica que estuda tecnoloxías para a produción de temperaturas moi baixas (por baixo de −150°C, de −238°F ou de 123 K), principalmente ata a temperatura de ebulición do nitróxeno líquido ou aínda máis baixo, e o comportamento dos elementos e materiais nestas temperaturas sendo que a tecnoloxía usada explora os efectos de transferencia térmica entre un axente e o medio. Ese ramo da ciencia que é constantemente asociado co seu principal sector, a criobioloxía, que é o estudo de baixas temperaturas en organismos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ademais das escalas de temperatura comúns, como Fahrenheit, Celsius e Kelvin, os crioxenistas usan outras escalas de temperatura, como a de Rankine.
Sendo licuados, gases como o nitróxeno e o helio en moitas aplicacións crioxénicas. O nitróxeno líquido é o elemento máis usado na crioxenia e é adquirido legalmente en todo o mundo. O helio líquido xeralmente tamén é usado e permite acadar temperaturas aínda máis baixas.
Estes gases almacenanse en recipientes especiais coñecidos como frascos de Dewar, ou botellas de Dewar, que teñen aproximadamente 1.8 metros de altura e 90 centímetros de diámetro, mais existen tamén os tanques xigantes en operacións comerciais máis grandes. Os frascos de Dewar foron nomeados en homenaxe ao seu inventor, James Dewar, o primeiro home a licuar o hidróxeno
Outro uso da crioxenia son os combustibles crioxénicos. Estes, principalmente compostos de osíxeno e hidróxeno, son usados como combustibles para foguetes. O comercio internacional de gas natural é practicado na súa forma crioxénica, o gas natural licuado ou GNL.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.