![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4e/Hindu_funeral.jpg/640px-Hindu_funeral.jpg&w=640&q=50)
Cremación
disposición final dun cadáver mediante a queima / From Wikipedia, the free encyclopedia
A cremación[2] é un método de disposición final dun cadáver mediante a queima (combustión).[3]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4e/Hindu_funeral.jpg/640px-Hindu_funeral.jpg)
A incineración pode servir como rito funerario ou post-funeral e como alternativa ao enterramento dun cadáver intacto. Nalgúns países, incluíndos a India e o Nepal, a cremación nunha pira ao aire libre é unha tradición antiga. A partir do século XIX, a cremación foi introducida ou reintroducida noutras partes do mundo. Nos tempos modernos, a cremación realízase normalmente cun forno pechado (incinerador), nun crematorio.
A cremación deixa unha media de 2,4 kg de cinzas.[4] Non se trata de cinzas reais senón de fragmentos de mineral óseo non queimados, que normalmente se moen en po. Non constitúen un risco para a saúde e poden ser soterrados, enterrados nun lugar conmemorativo, gardados polos familiares ou espallados de diferentes xeitos.