From Wikipedia, the free encyclopedia
Crates de Tebas, nado en Tebas no 368 a. C. e finado no 288 a. C., foi un filósofo grego discípulo de Dióxenes de Sinope e seguidor, como el, da escola cínica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 365 a. C. Tebas, Grecia |
Morte | c. 285 a. C. (79/80 anos) Beócia, Grecia (pt) |
Lugar de sepultura | Beócia (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, Cinismo e actividade literaria |
Lugar de traballo | Grecia Antiga |
Ocupación | filósofo |
Período de tempo | Período helenístico |
Período de actividade | (Con vida en: década de 320 a. C. ) |
Movemento | Cinismo |
Profesores | Brison de Acaia (pt) , Estilpo (pt) e Dióxenes de Sínope |
Alumnos | Cleantes de Aso, Cleómenes (pt) , Menipo de Gadara (pt) e Metrocles de Maroneia (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Hiparquía |
Fillos | Pasicles |
Pai | Ascondus |
Irmáns | Pasicles of Thebes |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Crates |
Crates foi o discípulo máis notable de Dióxenes de Sinope. O seu alumno máis famoso foi Zenón de Citio, fundador do estoicismo. Por iso considerase o nexo entre a escola cínica e o estoicismo.
Naceu en Tebas no ano 368 a. C. De moi novo estableceuse en Atenas, onde coñeceu a Dióxenes. Era un cidadán de clase alta que renunciou a todo (riquezas e posición social) para abrazar ao cinismo. Como conta Dióxenes Laercio, Crates doou á cidade unha grandiosa fortuna e adoptou, xunto a súa esposa Hiparquía, a vida de mendigo que era característica dos cínicos. O seu trato coa xente era moi distinto do do seu mestre, era amable e respectuoso; chamábano "O Filántropo". Defendía os puntos de vista da escola cínica cun estilo menos agresivo que o de Dióxenes. Segundo Dióxenes Laercio, abría as portas das casas para exhortar ao seus moradores, de aí o seu outro sobrenome "O Abreportas". Outros din que era a xente a que o convidaba ás súas casas para dialogar con el e recibir o seu consello. Coa súa palabra e cos seus actos, predicaba a autarquía e a sinxeleza como único camiño para alcanzar unha vida feliz. A sinxeleza implicaba quedar só co mínimo, desprendéndose da familia, da propiedade, dos costumes sociais e mesmo das propias opinións.
Crates tivo un discípulo, o seu cuñado Metrocles.
Segundo a tradición, tivo con Alexandre Magno unha actitude similar á de Dióxenes: cando o emperador lle preguntou se quería que reconstruíran a cidade, respondeu: «Para que reconstruíla?»
Escribiu numerosas obras literarias, a maioría en verso. Mediante elas, nun ton por momentos humorístico e por momentos serio, buscou difundir o cinismo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.