From Wikipedia, the free encyclopedia
A cosmoloxía física é unha rama da astronomía e da astrofísica, encargada do estudo do Universo a grande escala, das súas estruturas maiores, da súa xeometria espaciotemporal, e da dinámica do Universo, procurando respostas para as cuestións fundamentais sobre a súa formación e evolución.
Durante a maior parte da historia humana, foi considerada unha rama da metafísica e a relixión.
A cosmoloxía como ciencia, orixinase con Copérnico, ao presentar que os corpos celestes obedecen a idénticas leis físicas aos da Terra, sendo a mecánica newtoniana a que primeiro permitiu comprender esas leis.
A cosmoloxía física, como é hoxe entendida, comezou o seu desenvolvemento no século XX, con Albert Einstein e a teoría da relatividade xeral, xunto coas melloras nas observacións astronómicas de obxectos extremadamente distantes. Estes avances permitiron non só especular sobre a orixe do Universo, senón que permitiu aos científicos establecer modelos cosmolóxicos explicativos, sendo a teoría do Big Bang como o principal modelo cosmolóxico vixente. Algúns investigadores defenden aínda un puñado de cosmoloxías alternativas, non obstante, as personalidades da cosmoloxía en xeral coinciden en que a teoría do Big Bang explica mellor as observacións.
A cosmoloxía actual inspírase moito no traballo de moitas outras áreas distintas de investigación en física. As áreas relevantes para a cosmoloxía inclúen física de partículas experimental e teórica, incluíndo a teoría de cordas, a astrofísica, a relatividade xeral, e a física de plasmas. Así, a cosmoloxía actual une a física das maiores estruturas do universo coa física das pequenas estruturas no Universo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.