Corrente do Golfo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Corrente do Golfo é unha corrente oceánica que despraza unha gran masa de auga quente procedente do golfo de México e que se dirixe ó Atlántico Norte. A corrente chega a alcanzar os 100 metros de profundidade, e 1000 km de ancho en gran parte da súa longa traxectoria, o que dá unha idea aproximada da enorme cantidade de enerxía que transporta e das consecuencias tan beneficiosas da mesma. A súa velocidade é duns 1,8 m/s, aproximadamente e o seu caudal é duns 80 millóns de m³/s.
A circulación desta corrente asegura a Europa un clima cálido para a súa latitude e impide a excesiva aridez nas zonas atravesadas polos trópicos nas costas orientais de América (por exemplo, México e as Antillas).
A Corrente do Golfo provócase pola acción combinada dos ventos globais, especialmente, dos ventos do Oeste, ventos constantes ou planetarios na zona temperada do Hemisferio norte e do movemento de rotación do planeta.