O corpúsculo de Ruffini ou terminación nerviosa de Ruffini é un tipo de mecanorreceptor de adaptación lenta, que existe só no tecido subcutáneo da pel sen pelo humana. Reciben o seu nome do histólogo italiano Angelo Ruffini (1864-1929), que os descubriu.

Thumb
Corpúsculo de Ruffini.

Funcións

É unha terminación nerviosa receptora fusiforme sensible ao estiramento da pel, e contribúe á sensación cinestésica dos dedos e o control da posición e o movemento dos dedos.[1] Crese que son útiles para monitorizar o esvaramento de obxectos ao longo da superficie da pel, o que permite a modulación do agarre dun obxecto.

As terminacións nerviosas de Ruffini están localizadas nas capas profundas da pel, e rexistran a deformación mecánica nas articulacións, máis especificamente o cambio de ángulo, cunha especificidade de ata 2 graos, e os estados de presión continua. Tamén actúan como termorreceptores que responden durante longo tempo. En caso de queimaduras profundas estes receptores quéimanse sen enviar sensación de dor (as terminacións nerviosas libres si envían sensacións de dor).[2]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.