![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3c/500000Kronen-1922.jpg/640px-500000Kronen-1922.jpg&w=640&q=50)
Coroa austríaca
moeda de Austria (1919-1925) e de Liechtenstein (1919-1921) / From Wikipedia, the free encyclopedia
A coroa austríaca (en alemán: österreichische Krone) foi a unidade monetaria de Austria (naquel momento chamada Deutschösterreich –"Austria Alemá"–) e do Principado de Liechtenstein (en paralelo á coroa de Liechtenstein), logo da disolución do Imperio Austrohúngaro (1918). En Austria mantívose vixente ata a introdución do xilin en 1925, en tanto que Liechtenstein a abandonou en 1921, cando adoptou o franco suízo.
- Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda).
Coroa austríaca † | |
---|---|
![]() | |
Ámbito: | ![]() ![]() |
Fracción: | Heller. |
Moedas: | 100, 200 e 1.000 coroas. |
Billetes: | 1, 2, 10, 20, 100, 1.000, 5.000, 10.000, 50.000, 100.000 e 500.000 coroas. |
Emisor: | - Oesterreichisch-ungarische Bank. - Oesterreichische Nationalbank. |