Corneliu Zelea Codreanu
político romanés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Corneliu Zelea Codreanu, nado en Huşi o 13 de setembro de 1899 e finado no bosque de Tâncăbeşti o 30 de novembro de 1938, foi un avogado romanés e o líder da organización fascista e ultraortodoxa romanesa Lexión de San Miguel Arcanxo. De carácter antisemita, anticomunista e ultranacionalista, a organización actuou en política e Codreanu foi electo deputado, á vez que organizou unha rama paramilitar, a Garda de Ferro. Tras a disolución do Parlamento e o establecemento dunha monarquía ditatorial polo rei Carlos II de Romanía en 1938, Codreanu foi encarcerado xunto con outros lexionarios; pouco despois, aparentemente no curso dun intento de fuga, foi abatido polos gardas, aínda que é probable que o seu asasinato sexa deliberadamente instigado polo rei.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ro) Corneliu Codreanu 13 de setembro de 1899 Huși, Romanía |
Morte | 30 de novembro de 1938 (39 anos) Tâncăbești, Romanía |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Romanía |
Membro da Cámara de Deputados de Romanía | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Romanía |
Relixión | Igrexa Ortodoxa Romanesa |
Educación | Universidade de Iași |
Actividade | |
Campo de traballo | Política |
Ocupación | político |
Partido político | Garda de Ferro |
Influencias | |
Lingua | Lingua romanesa |