Doenza humana From Wikipedia, the free encyclopedia
A cifose ou quifose (do grego κύφος, "convexo", e o sufixo -se, que indica "estado, proceso") é unha desviación da columna vertebral que provoca un avultamento á altura da parte posterior da rexión torácica [1]
Cifose | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Imaxe preoperatoria dun mozo de 22 anos con doenza de Scheuermann, un tipo de cifose estrutural. | |
OMIM | 138900 |
DiseasesDB | 21885 |
MedlinePlus | 001240 |
MeSH | D007738 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O vulto producido nas costas coñécese vulgarmente coma corcova ou chepa. Tamén coma carrela, carrumba, gobelo, gobia, lomba, marrá ou xiba [2]
A columna presenta catro curvaturas fisiolóxicas (ou "normais"): dúas curvaturas dirixidas cara a fóra do corpo denominadas cifoses que están presentes na columna dorsal e sacra, e dúas curvaturas chamadas lordoses dirixidas cara a dentro do corpo e situadas na rexión lumbar e cervical. A escoliose (curvaturas cara aos lados) sempre se considera patolóxica ("anormal"). Neste caso, a deformidade en flexión da columna vertebral provoca unha curvatura con prominencia dorsal, moitas veces acompañada de patoloxía cardiopulmonar como complicación da deformidade vertebral[3].
As alteracións da columna vertebral pódense dar en dous planos; o medial e o frontal. Dentro do plano frontal atopamos a escoliose. Mentres que a cifose e a lordose son vistas desde un plano medial (lateral). Cando a curva fisiolóxica tórnase patolóxica denomínase hipercifose.
Unha hipercifose en sentido patolóxico refírese a unha enfermidade onde a columna vertebral curva en 45 graos ou máis e perde parte ou toda a súa capacidade para se mover cara a dentro. Isto causa unha inclinación nas costas, vista como unha má postura. Os síntomas da hipercifose, que poden presentarse ou non dependendo do tipo e extensión da deformidade, poden incluír dor de costas, aparencia dunhas costas curvadas e raramente restrición para a ventilación pulmonar. Se é necesario, esta deformidade é tratada cunha férula (ou un corpiño) e terapia física, ou con cirurxía correctiva. Casos severos poden causar moita incomodidade e incluso a morte. En pacientes con deformidade cifótica progresiva por un colapso vertebral, mediante unha intervención de cifoplastía pódese deter a deformidade e aliviar a dor.
Hai unha gran variedade de tipos de cifose (os códigos CIE-10 aparecen entre parénteses):
O tratamento pode involucrar medicamentos antiinflamatorios así como exercicios para fortalecer os músculos abdominais e próximos á columna. Un tratamento mediante cirurxía pode usarse en casos severos; mais empréganse férulas se se considerar que a cirurxía é innecesaria, así como se o avance é serio e consiste na fusión da vértebra anormal. A cirurxía tamén ten un maior risco ca a férula, xa que pode causar unha infección que ten posibilidades de crear bacterias moi resistentes.
O tratamento específico da hipercifose será determinado polo médico que trata o paciente baseándose no seguinte:
O tratamento en pediatría depende do grao de curvatura:
A órtese é un dispositivo externo aplicado ao corpo que permite modificar os aspectos funcionais ou estruturais do sistema musculoesquelético e do sistema nervioso Vocabulario de medicina Santiago de Compostela, Universidade / Consellería de Sanidade, 2008 e Diccionario galego de termos médicos. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
Estes corpiños amosaron beneficios nun ensaio controlado aleatorio.[10]
O corpiño de Milwaukee é un dispositivo de corpiño particular que a miúdo se usa para tratar a hipercifose nos Estados Unidos.
O tratamento cirúrxico aplícase en casos graves. En pacientes con deformidade cifótica progresiva debido ao colapso vertebral, un procedemento chamado cifoplastia pode deter a deformidade e aliviar a dor. O procedemento é grave e componse da fusión das vértebras anormais.[11]
Só se debe recorrer ocasionalmente á cirurxía cando a curva mida máis de 60 graos na placa de raios X, o aparello ortopédico non logre atrasar a progresión do encurvamento, e especialmente haxa síntomas de dor persistente de costas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.