Copa do Rei de baloncesto
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa do Rei de baloncesto (en castelán: Copa del Rey de Baloncesto) é unha competición de baloncesto que se disputa anualmente en España. Organizada nos seus inicios pola Federación Española de Baloncesto (FEB), desde 1983 a competición é organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB). O torneo comezou a xogarse co nome de Campionato de España, disputándose a súa primeira edición en 1933. Esta competición foi a primeira que enfrontaba a clubs de todo estados, xa que a Liga Nacional non foi creada até 1957, vinte e catro anos despois.
- Para outras competicións co mesmo nome, véxase Copa do Rei.
![]() ![]() | |
Nome na lingua orixinal | (es) Copa del Rey de baloncesto ![]() |
---|---|
Tipo | competición deportiva ![]() |
Deporte | baloncesto ![]() |
Organizador | Asociación de Clubs de Baloncesto ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Vixencia | 1933 – ![]() |
Calendario da tempada | febreiro – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | FC Barcelona Bàsquet (2022) ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | acb.com ![]() |
Actualmente disputan a competición oito equipos, sendo estes os sete mellores clasificados na Liga ACB ao final da primeira volta da competición xunto cun conxunto da cidade organizadora do torneo. O formato de competición é un sistema de final a oito a partido único. Tradicionalmente, o equipo gañador lograba ademais o dereito a inscribirse na seguinte edición da Recopa de Europa. Porén, actualmente a Copa non dá acceso a ningunha competición de carácter continental.