Copa do Mundo de Rugby a 7
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa do Mundo de Rugby a 7 ou Rugby World Cup Sevens é a competición internacional máis importante de rugby a 7. O campionato, celebrado cada catro anos (excepto entre 2013 e 2018), está organizado pola asociación que goberna este deporte a nivel mundial, o World Rugby (WR), e nel participan as seleccións nacionais masculinas afiliadas á dita federación. A primeira edición disputouse no ano 1993 en Escocia, lugar de nacemento desta modalidade do rugby.
Nome na lingua orixinal | (en) Rugby World Cup Sevens |
---|---|
Tipo | evento deportivo recorrente |
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | World Rugby |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1993 – |
Período de ocorrencia | 4 |
Outro | |
Páxina web oficial | rwcsevens.com |
Os líderes en vitorias son os combinados de Nova Zelandia e Fidxi con dous campionatos cada un. O País de Gales e Inglaterra tamén teñen un título. Na quinta edición do torneo xogada en Dubai comezouse a celebrar o campionato feminino. Nesta categoría os dous campións son Australia e Nova Zelandia. A edición do ano 2018 celebrarase en California, nos Estados Unidos de América. Estre este torneo e o anterior déixanse 5 anos por medio xa que en 2016 se disputará o primeiro torneo olímpico deste deporte.