From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa América de hóckey a patíns masculina é unha competición internacional de hóckey a patíns organizada pola Confederación Suramericana de Patín (CSP) disputada dende o ano 2006 e que conta co recoñecemento del Comité Internacional de Hóckey a patíns (CIRH). Este recoñecemento como competición internacional por parte do CIRH implica que a regulamentación segue os cánones internacionais oficiais. Nesta competición poden participar tódalas seleccións que sexan membros da CSP, independentemente de se son orixinarias do Continente americano, así como calquera selección convidada pola Confederación. A selección de Cataluña é a única que disputou o título sen ser convidada grazas á súa adhesión definitiva á CSP o 11 de febreiro do 2007.
O sábado 3 de novembro, coa ocasión da Copa América masculina 2007, os delegados da CSP decidiron en Recife, sede do torneo, nunha reunión extraordinaria anunciar as vindeiras sedes da Copa América. En categoría masculina fíxose pública a elección da Arxentina 2008, Cataluña 2010, Colombia 2012 e Chile 2014.
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.