Conversa usuario:Xapones
From Wikipedia, the free encyclopedia
Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 13:32, 29 decembro 2008 (UTC).
Benvido(a) á Galipedia, Xapones!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boas, Xaponés. Coido que a Galipedia ten sorte de que un nativo xaponés se poña a editar nela. Na miña opinión, sería moi interesante a opción de te pores con todo o tocante ao Xapón. Xa vin amais que seica comezaches por esa liña. Ben. Bo traballo e dálle duro. Aquí me tes para o que queiras, sobre todo lingua.--Atobar 17:47, 25 marzo 2009 (UTC)
- Ola, Xaponés. O primeiriño de todo: parabéns polo teu traballo e pola constancia. Segundo: lémbrate de categorizar o que vaias facendo. Vin que as últimas páxinas que creaches non levan categoría namentres que moitas outras si que están na de Xapón. Pódelas categorizar como Xapón tamén estas, e a ver se máis adiante alguén che bota unha man para argallar na formulación de novas categorías Xapón>Prefecturas>Cidades>Localidades>Cultura>... Algo así. Aquí sigo para o que queiras. Abur.--Atobar (conversa comigo) 11:07, 1 abril 2009 (UTC)