I just wanted to thank you for this article on the little known Jewish community in Monforte. I'm trying to translate this article to Hebrew. So far I have not found resources in Hebrew about this interesting chapter in history, so I'm trying my best at translating from Galician, without knowledge of the language. Next time I'm in area, I'll make sure to visit the sites mentioned in the article. Cheers, Oyoyoy (conversa) 28 de febreiro de 2021 ás 12:46 (UTC)
Atopei un erro no seguinte texto, en negrita
(Galego: "A voda de Tetis")
Le nozze di Tetide, unha favola marittima (historia marítima), foi un proxecto para as celebracións da voda do duque Ferdinando e Caterina de' Medici. 'Monteverdi recibir' o libretto de Scipione Agnelli sen nome de autor, algo que criticou nunha ????? en decembro de 1616. Iniciou a composición, ata que o encargo foi retirado en xaneiro de 1617.
Imaxino que é recibiu e carta, pero porsi. Saúde. --Viascos (conversa) 9 de marzo de 2021 ás 16:32 (UTC)
Boas noites. Acabo de mover o teu artigo "Dafne" a "Dafne (ópera)" para escribir en Dafne o personaxe mitolóxico, pois creo que o nome deste deu lugar ó nome da ópera. Neste momento, Dafne aínda é unha redirección á ópera, aínda non escribín nada. Vou repasar as páxinas que ligan cun e outro concepto para que as ligazóns internas sexan correctas. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 12 de marzo de 2021 ás 22:09 (UTC)
Claro. Sen problema. Procedo a facer o cambio. Grazas polo aviso e un saúdo. Breogan2008 (conversa) 14 de marzo de 2021 ás 09:33 (UTC)
Boas Piquito,
Sobre o de retirar os textos en ruso non creo que sexa un impedimento para que a xente participe no portal, máis aínda cando ao carón aparece o título en galego para a sección. Penso que é un elemento que diferencia este portal fronte ao resto e que non fai mal ningún que estea.
Por outra banda, sobre o que comentas de engadir as seccións cidades destacadas e aniversarios: As cidades ben poden ir en Artigo destacado, vin que incluíches a sección noutros portais, pero nunca considerei que fose necesaria. Ademais que engadir unha sección que, por contidos, pode chegar a ser moi longa, pode provocar que se "descuadre" a páxina en segundo que navegador. Sobre aniversarios vería ben facer unha importación/tradución de en:Portal:Russia/Selected anniversaries, aniversario en ruso sería Юбилеи. Con isto se te parece ben pódome poñer eu.
Respecto o dos contidos destacados, tal e como foi a idea orixinal, na actualidade o 100% dos artigos destacados son artigos de calidade ou bos, respecto ás biografías este número baixa -os 3 artigos dos Grandes Duques non son de calidade-, pero os engadín por darlle un pouco máis de contido á sección. Con isto digo que perfectamente se poden engadir outras temáticas/épocas, en cada unha das seccións hai espazo para incluír ata 31 artigos, e incluso unha vez cheos se pode crear outra subpáxina por si queremos cambiar todos os meses, pero tampouco creo que debamos baixar o nivel de calidade do portal engadindo artigos por engadir, polo que se engadimos máis habería que facer unha boa análise dos contidos que se van a destacar. Non vexo mal variar, se tes algún en mente podemos comentar se incluílo ou non.
Xa me dirás.
Unha aperta. --AMPERIO (conversa) 11 de abril de 2021 ás 11:27 (UTC)
Feito! --Chairego apc (conversa) 24 de abril de 2021 ás 19:42 (UTC)
Ola! Perdoa polo despiste e moitas grazas pola corrección! A miña idea é ir actualizando un pouquiño algunha cousa da KHL, é unha cantidade enorme de artigos boísima e merecen estar ao día (aínda que moitos xa o están) e ampliar un pouquiño algún que se poida. Saúdos! --Adorian (conversa) 10 de decembro de 2021 ás 23:25 (UTC)
Hello.
Can you update the chronology section of Erupción volcánica de La Palma de 2021#Erupción by translating and adding from es:Erupción volcánica de La Palma de 2021#Erupción? The Spanish language article is updated. No updates have been made in the Galician language article about the chronology of the eruption since 24 October. The volcano has not been active since 13 December.
Yours sincerely, 31.200.14.248 21 de decembro de 2021 ás 08:11 (UTC)
Ola, Piquito. Estou empezando pouco a pouco pero tampouco me podo comprometer a facer unha gran coordinación, porque non lle podo dedicar tanto tempo como me gustaría. Empecei co tema das fotos de parroquias porque é unha forma de que a xente participe e está tendo bos resultados. Que propós concretamente?? O instagram está aberto a todo tipo de suxestións de publicación e podémolas valorar. Non teño un plan de publicacións preparado nin moito menos, senón que van xurdindo día a día. Se tes ideas podémolas compartir por aquí. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 9 de marzo de 2022 ás 13:22 (UTC)
Boas, o artigo Ivor Guest, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2022 ás 19:28 (UTC)
Boas, o artigo Linda Leppänen, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 20 de agosto de 2022 ás 19:54 (UTC)
Ola, Piquito! Como vai todo?
Anímaste a facer o artigo do músico José Antonio Lodeiro Piñeiroa (d:Q114853252)? Hai información aquí, e ten ademais certa sona porque en 1910 compuxo un himno do FC Barcelona. Xa me contarás se che apetece. Graciñas, e un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 25 de outubro de 2022 ás 11:48 (UTC)
Ola, Piquito! A pista de xeo de Koulukatu é a fi:Koulukadun kenttä? Fíxenlle ao partido o elemento en Wikidata (d:Q116882167), pero non estaba seguro de se tal pista tiña artigo nalgunha Wiki. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de febreiro de 2023 ás 08:42 (UTC)
Ola, Piquito! Como vai?
Vin que historia de Finlandia está na lista expandida dos artigos vitais. Anímaste a crealo, ata acadar uns 16.000 bytes? Só se apetece, claro :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de xuño de 2023 ás 14:09 (UTC)
“ | A páxina que quixo publicar bloqueouna un filtro antispam. Probabelmente, isto se deba a que a páxina contén unha ligazón que leva cara a unha web externa que xa fora prohibida. O seguinte texto foi o que activou o noso filtro de spam: about.com | ” |
Ola, Piquito! Como vai?
No artigo do Orfeón Brigantino dise que naceu en 1875 como sección do Liceo Brigantino, pero ao parecer este naceu en 1877. Podes botarlle un ollo ao tema? Moitas grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 10 de xullo de 2023 ás 10:01 (UTC)
Boas, Piquito! As miñas desculpas polo borrado inadvertido da caixa e mil grazas polo aviso, non o vira!! O artigo tiña esa cita que aparecía ao principio sen o parámetro datae tamén outra á que lle faltaba a data de arquivo. Semella que do primeiro cambio borrei o contido da caixa sen darme conta. Penso que xa está todo en orde, pero poderías, por favor, comprobalo, non vaia ser? Moitas grazas e perdoa pola molestia. Maria zaos (conversa) 12 de agosto de 2023 ás 09:21 (UTC)
Ola, @Piquito. Veño de mirar o Portal do País Vasco que crearas ti e hai dúas seccións que non funcional, seica. Podería botarlle un ollo cando teñas un momento? Saúdos. MAGHOI (conversa) 13 de marzo de 2024 ás 20:28 (UTC)
Ola @Piquito. Semella que no portal de cultura castrexa, falta unha imaxe na parte superior. Saúdos. MAGHOI (conversa) 29 de agosto de 2024 ás 20:10 (UTC)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.