Para mín este artigo deberia ser candidato a "Artigo Destacado" cando Lameiro retire o marcador.
Agás que o equibrio da galeguización no no vexo axeitado:
6 Os eucaliptos na cultura popular galega esta sección esta mui ben
Diante dela estaria ben unha sección de tipo O eucaliptos en Galicia
Das outras seccións (especialmente na Implantación noutros continentes) deberiase tratar dos coñocementes sobre o eucalipto que son "universais" e retirar (agás algun detalle) o contido sobre Galicia.
Tamén vexo outra posibilidade: deixar o artigo Eucalipto maís curto cunha seccion O eucaliptos en Galicia que teña ligazón ao artigo O eucalipto en Galicia recollendo niste artigo boa parte retirada deiqui, e estou segura cos coñocementos e fontes de Lameiro o O eucalipto en Galicia seria candidato a "Sobre Galicia na portada", "exportable" as WP noutras linguas, sendo esi a Galipedia un aporte a WIKIPEDIA en xeral.Elvira (conversa comigo) 21:28, 2 xaneiro 2010 (UTC)
Segundo vou atopando máis e máis información e tomando as miñas notas do que hai que engadir, vou convencéndome da conveniencia de separar, como di Elvire, o eucalipto por un lado, como descrición botánica pura e dura, difusión, usos, etc.; e o eucalipto en Galicia, por outro, non tanto porque poida ser ou non artigo destacado sobre Galicia senón porque o certo é que a presenza desta árbore aquí rematou por introducir tales modificacións ecolóxicas, económicas e políticas que probablemente mereza un tratamento diferenciado. Por agora, e mentres non haxa novas opiniós a favor ou en contra desta desagregación, seguirei traballándoo como artigo único. Saúdos, Pedro --Lameiro(conversa) 23:53, 2 xaneiro 2010 (UTC)
Por min ben, Lameiro. Por certo, eu sabía que as árbores máis altas da Península atopábanse nos eucaliptais do noso país, mais non sabía que estaba localizada a árbore máis alta en Viveiro. Moito se aprende con isto. Poderías pór a fonte? Grazas. --AlberteSi, dígame? 02:42, 3 xaneiro 2010 (UTC)
Feito, Alberte. Pedro --Lameiro(conversa) 19:47, 3 xaneiro 2010 (UTC)
Non sería mellor poñer as citas en galego?--Hugo22 23:26, 27 xaneiro 2010 (UTC).
Teño por norma respecta-las fontes á hora de copiar unha cita. Ó ir entrecomillada creo que debe recoller exactamente o que dixo e non entrar en traducións. No caso doutras linguas que non todo o mundo entendemos (inglés, alemán, chino...) engadiría a seguir a tradución, pero como eu non entendo ningunha desas linguas non podo incluír esas citas (e menos traducilas). Evidentemente, podería facerse ó revés: a cita en galego no corpo do texto e o orixinal en nota a rodapé, pero creo que o habitual nesta casa é copiar a cita na lingua na que escribe o autor. A min dáme igual unha ou outra forma e se opto pola primeira é só por costume. Pedro --Lameiro(conversa) 18:41, 28 xaneiro 2010 (UTC)
Primeiro: parabéns polo teu traballo neste artigo. Segundo, unha suxestión: sería interesante indicar cal é a etimoloxía do nome da árbore, semella vir do grego e facer referencia a algunha suposta bondade. --Xoacas(Góstache o pemento?) 23:50, 27 xaneiro 2010 (UTC)
A etimoloxía xa vai dita nunha nota pero pasareino á introdución do artigo. Entre as miñas notas, fotocopias e recortes teño tamén a orixe do nome globulus: unha xoia que estaba de moda en Francia naquela e que, polo visto, tiña parecido. Se atopo esa información e a fonte é fiable, poreino tamén no artigo. Por suposto, grazas polos parabéns. Saúdos, Pedro --Lameiro(conversa) 18:41, 28 xaneiro 2010 (UTC)
Perquisando un pouco:
na cabeceira escribimos: "A especie típica é o Eucalyptus globulus (Labill.), que é a que se describe a continuación"
os interwikis para o artigo Eucalyptus globulus terian que ser ca:Eucaliptus blau, (os que temos agora van co artigo do xénero Eucalyptus ):
sea artigo trata do xénero Eucalyptus, habria que retirar esa frase da cabeceira eseguramente aclarar algunhas cousas no resto do contido (fotos doutras especies, etc)
sea mover o artigo a Eucalipto branco ou eucalipto azul co #REDIRECCIÓNEucalyptus globulus e adaptar a cabeceira para que anuncié de seguida do tema do artigo.
conclusion: que opinán os que saben de árbores? Elvira (conversa comigo) 14:56, 30 xaneiro 2010 (UTC)
Eu de árbores non sei, pero creo que Elvire leva razón cando di que, en rigor, o artigo non fala do Xénero Eucalipto, senón máis ben do Eucalyptus globulus. Poderíase resolver deixando este artigo reducido á súa introdución e pasando o resto do contido a un novo artigo para o globulus. Deste xeito abriríase camiño para que apareceran outros artigos para cada tipo de eucalipto, ou dito doutro xeito, é iso o que se acabará facendo cando alguén os escriba. --Xoacas(Góstache o pemento?) 18:01, 30 xaneiro 2010 (UTC)
A miña intención foi describi-lo Eucalyptus globulus, o eucalipto en Galicia por antonomasia, que aquí non recibe apelido ningún. Dado que o título non pode se-lo nome científico senón o común, o nome común na Galipedia só pode ser eucalipto, a secas. Os outros nomes (azul, branco) designan tamén esta especie pero non en Galicia, onde non hai confusión posible nin uso ningún. Outras especies, cando se cre cadanseu artigo, deberán recibi-lo apelido que lles corresponda (eucalipto vermello, por exemplo). Recoñezo que isto é incompatible coa creación dun artigo sobre o xénero, que necesariamente tamén se debería titular eucalipto.
Intentei describi-lo noso eucalipto, pero crin conveniente citar algunha característica que varía noutras especies. Pero fíxeno de pasada, como nota, ou esa foi a miña intención. Non teño información para facer unha descrición do xénero pero a partir da es:wiki podería facerse sen gran problema.
Canto a que os iw conducen ó xénero e non a especie: metín a pata, sen paliativos, e terei que corrixilo na liña que di Elvire. Claro que agora haberá que esperar a decidir se deixámo-lo título eucalipto para o xénero e movémo-lo actual a eucalipto azul (coas modificacións que esixa o cambio). Vós diredes. Eu comprométome a face-los cambios que fagan falta.
Espero instrucións e bos consellos. Saúdos, Pedro --Lameiro(conversa) 18:56, 30 xaneiro 2010 (UTC)
Estou de acordo co que di Elvire. Eu crearía un artigo de homónimos no que se citasen o xénero Eucalipto e a especie eucalipto azul, a máis espallada en Galicia. Se fai falla, gustaríame contribuir traducindo textos da wikipedia inglesa pra o artigo principal sobre o xénero eucalipto, se se chega a facer esta mudanza--Hugo22 19:17, 30 xaneiro 2010 (UTC).
Falando das mudanzas, no caso de facerse un artigo sobre o Eucalipto azul, o mapa de distribución debería ser o seguinte, deixando o actual pra o xénero eucalipto.
Compañeiro: no apartado Outros usos dis que "o mel de eucalipto, producido a partir do seu pole, é moi estimado", e gustaríame facerche unha aclaración: o mel prodúceno as abellas a partir do procesamento do néctar das flores; ademais apañan o pole das flores, que lles serve de alimento tamén. O mel monofloral de eucalipto é moi apreciado polo seu sabor característico e porque é beneficioso para as doenzas respiratorias. Pódoche pasar bibliografía se queres. Se non o corrixín eu mesmo é porque non estaba seguro de que era o que querías dicir ou se a diferencia era só na expresión, espero que che serva de axuda. --Xoacas(Góstache o pemento?) 17:47, 30 xaneiro 2010 (UTC)
Se o mel se fai do néctar, o que escribín do pole é un erro que debo corrixir; non o puxen con ningunha segunda intención. Canto ó que engades do mel de eucalipto podes engadir ou modificar o que vexas: prefiro que o fagas ti porque entendes máis de abellas e meles. E o do eucaliptine non sei se é moi enciclopédico: ¿foi unha proba ou seguen facéndoo? Se houbese máis información, estaría claro, pero só con esa referencia non sei. Saúdos e grazas pola puntualización do néctar. Pedro --Lameiro(conversa) 19:03, 30 xaneiro 2010 (UTC)
Sería posíbel referenciar o apartado chamado así, sinonimia? Graciñas. --Atobar(conversa comigo) 18:11, 20 febreiro 2010 (UTC)
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Eucalipto. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Eucalipto. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Eucalipto. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios: