A convención de Londres foi un acordo diplomático asinado pola raíña de España, Isabel II; o emperador de Francia, Napoleón III; e Vitoria, raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, o 31 de outubro de 1861 como resposta á lei de suspensión de pagos promulgada polo presidente de México, Benito Juárez, o 17 de xullo dese mesmo ano, cuxo primeiro artigo dicía: “Desde a data desta lei, o Goberno da Unión percibirá todo o produto líquido das rendas federais, deducíndose tan só os gastos de recadación das oficinas recadadoras, e quedando suspensos polo termo de dous anos todos os pagos, incluso o das asignacións destinadas para a débeda contraída en Londres e para as Convencións estranxeiras.”[1][2]
O obxectivo da convención de Londres era demandar a México unha protección máis efectiva para as persoas e propiedades dos seus súbditos, así como o cumprimento das obrigacións contraídas cara a estes.[3] A chegada dos seus ministros plenipotenciarios a México deu lugar aos Tratados preliminares de La Soledad e á Segunda intervención francesa en México.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.